Pombal Tor. Texto

No ano 2011 pinto sobre fotos de plumas cravadas na area despois dun temporal. Esta imaxe é a inspiración para o proxecto e expresa un momento persoal de loita interior, de dúbida. Doutra banda, a pomba, na alquimia, é como a alma que descende do ceo para reunirse coas augas da Nigredo (para Jung consiste en enfrontarnos coas nosas partes non aceptadas). Propoño dúas pezas para o pombal: un móbil de plumas brancas gravitando no interior escuro e un mural de plumas de gaivota erosionadas pola intemperie, de tons grises e negros, cortadas e cravadas de forma aleatoria nas feridas do muro exterior e proxectando sombras sobre o branco do cal. Despois dun par de días de traballo in situ, a idea da móbil muda por ocupar os nidales con plumas de branco inmaculado, habitar os lugares onde as pombas teñen os pichones, e hai tempo que están baleiros. Atopo o interior cheo de egagrópilas, bólas de alimentos non dixeridos por unha curuxa que vén ao pombal, e utilízoas como soporte físico e simbólico para as plumas.
A intervención é un traballo de toma de conciencia, de integración da sombra e a luz. As plumas escuras cravadas na parede de cal do muro exterior falan de que aínda queda moito na escuridade, tempo de loita co ego. Nas brancas do interior ábrese espazo para a espiritualidade, para que a conciencia aclare as cousas. A alquimia, o renacer, é produto da integración das dúas pezas, de resolver a polaridade exterior/interior.