Corta as raíces do sufrimiento. Texto

Construída con materiais naturais, raíces de canas recollidas meses despois de ter sido desgarradas do seu lugar.
As raíces, pintadas dunha cor neutra, transmutan a súa identidade, e dan a impresión de flotar suspendidas a diferentes alturas con fíos de nailon, creando un espazo inquietante, como sen gravidade. Esta idea metafísica queda resaltada co lixeiro movemento sobre sí mesmas e polas sombras que proxectan sobre as paredes da sala.

A obra é transitable polo público, que pode interactuar.

Cando ocurre algo que non desexamos, xorde tensión no noso interior e empezamos a atar nós. Como durante toda a vida van suceder cousas que non queremos e as desexadas pode que sucedan ou pode que non, este proceso de reacción, de atar nós, fai que a estrutura física e mental estea tan tensa e chea de negatividades.

Segundo as tradicións espirituais orientais podemos acceder ás raíces das negatividades e cortar os nós mediante o traballo interior e a luz da conciencia. A peza pretende ser unha instantánea do espazo interno que xorde neste proceso de cortar coas raíces do apego e a aversión.

A inspiración da obra é biográfica e asociada a vivencias coa doenza do Alzhéimer.