Columna-árbore. Texto: Ángel Antonio Rodríguez

No proxecto site-specific “Columna-Árbore” o artista galego Alberto Pena (Foz, 1970) expón a interrelación da cidadanía con catro grandes murais e as columnas deste singular espazo, propoñendo unha interesante instalación específica no Patio Corintio. Nas obras, con miradas retrospectivas entre o onte e o hoxe, conviven os recordos da arquitectura clásica coas imaxes orgánicas plasmadas nas teas, que suman oitenta metros cadrados de pintura expandida repletas de referencias á arte primitiva, o expresionismo abstracto e os xogos cromáticos, en convivencia cos coñecementos botánicos do artista que recolleu materiais na contorna do recinto para conxugalos con pezas traidas desde o taller do artista. Forma, cor e concepto, integrados sobre xenerosos xogos simbólicos.

Ángel Antonio Rodríguez